Teo prepara os colexios para o curso escolar

0

Teo, 26 de agosto do 2021 – É un traballo anual pero que moitas veces pasa desapercibido. Teo ven preparando durante todo o mes os colexios para afrontar o curso escolar nas mellores condicións.

A responsable de educación en Teo e Mayte Argibay e con ela falamos para saber un pouco máis sobre as obras que están realizando e o que supón para o seu departamento.

Colexio dos Tilos

Trátase, explica, dun traballo fundamental pero que ten o inconvinte de dispoñer de moi pouco tempo para realizalo

Colexio Rural Agrupado de Rarís, en Pontevea

Unha serie de traballos son recorrentes. Cada ano hai que repasar o básico e, a maiores, fálase coas ANPAS sobre que necesidades viron os país

O concello está obrigado ao mantemento dos centros. Nos últimos meses demandouse da Xunta de Galicia que asumira necesidades como a do ximnasio do colexio dos Tilos pero ante a falta de resposta o concello decidiu afrontar a obra con fondos propios

Colexio en Recesende

Teo ten ademais unha característica especial xa que as unitarias acollen cada ano a máis de cen nenos. Unha cifra importante nunhas idades moi sensibles

En pouco máis dunha semana os cativos volverán ao colexio nas mellores condicións. Un traballo anual que supón cada ano un reto para concellos como o de Teo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial