Teo prepara unha Noite de ánimas

0

Teo, 22 de outubro do 2020 – A Concellaría de Mocidade  de Teo programa unha Noite de ánimas para o sábado 31 de outubro.

Trátase dun xogo arredor da noite de defuntos no que os/as mozos/as terán que participar en distintas actividades “terroríficas”. Unha noite de ánimas só apta para as persoas máis atrevidas que queiran celebrar o Samaín.

A actividade, dentro do programa QuedaTeo impulsado dende a área de Mocidade, será o sábado 31 dende as 19:00 horas no parque da Tomada, en fronte á Casa Común Marisa Mirás. Segundo explican dende o concello “o deseño da actividade adaptarase ás medidas sanitarias vixentes no momento da mesma, garantindo grupos burbulla para o que seguramente se citen aos participantes cunha diferencia horaria entre uns e outros”. Deste xeito o comezo da actividade será entre as 19:00 e as 19:30 horas. Cada grupo estará acompañado dunha persoa responsable que dirixirá o xogo.

Para anotarse hai que enviar un correo electrónico a mocidade@teo.gal indicando o nome completo e se precisa servizo de transporte ata o lugar do evento. Dende Mocidade sempre se oferta este servizo para facilitar que a rapazada de todo o Concello poida participar no programa QuedaTeo, independemente do lugar no que viva.

O programa QuedaTeo busca ofertar actividades lúdicas e de ocio á rapazada no seu entorno máis próximo e facelo de xeito periódico, con alomenos unha actividade cada mes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial