Teo reclama o Plan de Restauración da canteira da Casalonga

0

Teo, 7 de xuño do 2021 – O concello de Teo ven de reclamar da Xunta de Galicia a remisión do Plan de Restauración da canteira da Casalonga.

A petición do equipo de goberno de Teo xa se presentou en anteriores ocasións. A intención e que de non ser atendida novamente acudir a vía xudicial.

Na actualidade a propietaria da canteira, Toysal, tramita unha modificación do Plan de restauración do ano 1998  solicitado no seu día pola antiga concesionaria. O intento chega logo de dúas tramitacións de frustradas polos informes contrarios, ben do Concello de Teo ou da propia Consellería de Medio Ambiente.

O goberno local irá xudicialmente contra a modificación do Plan de Restauración que se xestiona actualmente. O Concello de Teo entende que non é lexítimo que a Xunta tramite como unha simple “adaptación” un plan de restauración elaborado no ano 1998, que ademais conta cunha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) obsoleta aprobada hai case 20 anos.

Esa declaración refírese ademais a unha explotación que debe ser obxecto de adecuación ás disposicións do RD 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión de residuos mineiros e protección e rehabilitación do espazo mineiro.

No texto remitido dende o Concello destácase que “é significativo que precisamente o concesionario da explotación promovera en dúas ocasións consecutivas a aprobación dun novo Plan de restauración e só despois de que non conseguiu ese obxectivo se plantexase a presente “adaptación” do orixinario de 1998”.

O goberno teense entende ademais que retomar a explotación da canteira de Casalonga esixiría a aprobación dun novo Plan de restauración. O Plan tería que contar cunha nova avaliación ambiental axustada á normativa vixente. En este caso deberíanse ter en conta ademais os informes do concello e suxestións e reclamacións que poidan presentar as persoas e entidades interesadas.

Tamén se destaca que a aprobación do Plan de restauración esixe unha exposición pública polo que a súa omisión constitúe formalmente unha vulneración esencial das normas que regulan o procedemento.

En base a estes e o resto dos motivos expostos no citado escrito o Concello de Teo require á Consellería “copia do Plan de restauración da explotación Casalonga nº 6996 que está a ser obxecto de tramitación e nos permita o acceso ao expediente coa finalidade de posibilitar o exercicio das competencias municipais en materia de control do solo e disciplina urbanística con relación á antedita explotación”. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial