Teo, 13 de xullo do 2020 – O concello de Teo segue ofertando roteiros cos que coñecer o concello, o próximo o domingo día 19.
Este roteiro promete sitios máis descoñecidos xa que leva por nome Segredos de Teo. Organizado pola Concellaría de Deportes partirá as dez da mañá da piscina da Ramallosa. Para participar na ruta hai que anotarse enviando un correo electrónico a deportes@teo.gal ou chamando ao 981.815.700.
Segredos de Teo pasará polo Castro en Lucí, Vilariño, Pite, fonte da Florida, ponte nova de Rarís, rego de Sestelo para rematar de novo na Ramallosa. Será un percorrido de dificultade baixa de 10 quilómetros.