Teo ofertará unha ruta por mes ao longo do 2022

0

Teo, 29 de decembro do 2021 – O concello recupera o programa de Carreiros e organizará unha ruta circular por mes e cunha duración de tres horas.

Desde o concello explícase que a pandemia fixo que o deporte ao aire libre cobrara maior protagonismo. Moitas persoas comezaron a sair a camiñar polo concello adquirindo unha costume que xa non deixaron.

Para seguir nesa liña dende as áreas de Deportes e Turismo oferta esta programación estable de rutas para todo o ano que comezará xa en xaneiro.

O concelleiro de Deportes, Ignacio Iglesias, destaca que “Andar é un deporte sinxelo para o que non precisamos ademais moito equipamento e ao alcance de calquera. Neste 2022 retomamos unha idea que xa comezáramos no 20, os Carreiros”.

A  previsión é que as rutas de Deportes sexan o segundo domingo de cada mes. Coincidindo co mes de xaneiro publicarase a programación anual de Carreiros 2022 aínda que esta poderá sufrir cambios por temas organizativos.

A primeira ruta será o 23 de xaneiro Pola Fraga de Sestelo. A inscrición hai que facela enviando unha ficha cos datos das persoas que queiran asistir ao correo-e deportes@teo.gal dende o 3 ao 20 de  xaneiro.

Ruta dramatizada polos Quinquilláns

Pola súa banda dende Turismo durante este 2022 van seguir ofertando unha ruta dramatizada coa compañía Os Quinquilláns pola ruta da Batalla de Cacheiras. Será o último domingo de mes e as inscrición pódense facer entrando en turismo.teo.gal.

Esta proposta está dirixida a persoas acostumadas a andar xa que será un percorrido dende a reitoral de Bamonde ata o miradoiro de Montouto con case 9 quilómetros de andaina. Durante a ruta faranse varias paradas na que o actor e a actriz dos Quinquilláns debullarán parte do acontecemento histórico da Batalla de Cacheiras. A ruta comezará ás 10:00 horas e dende Montouto volverase en autobús.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial