Terceira edición de Brión Inclúe

0

Brión, 9 de novembro do 2020 – O concello de Brión organiza a terceira edición de Brión Inclúe, un festival pensado para a inclusión real de persoas con discapacidade.

Brión Inclúe cumpre 3 anos en plena pandemia e por iso preparou unha programación presencial na que poñerá especial atención ás medidas de seguridade.

Desde hoxe luns e ata o 21 de novembro achégase á cidadanía unha oferta organizada polo Concello de Brión, xestionada por Culturactiva S. Coop. Galega, subvencionada pola Deputación da Coruña, cofinanciada por Gadis e Froiz e coa colaboración de Andaina PSM. A programación inclúe unha exposición de pintura online e espectáculos de teatro e danza presenciais.

Un festival pensado para integrar

Segundo o alcalde brionés, Pablo Lago,  “Dende os poderes públicos temos que seguir apostando por manter proxectos que enriquecen á sociedade no seu conxunto e que loitan por unha inclusión real. A pandemia non pode botar por terra o traballo acumulado do Brión Inclúe”. Un punto no que incide Fran Rei, director do festival, que agradece a firme aposta do Concello.

Este ano a programación, tanto en contido como en horarios, está especialmente pensada e deseñada para os colectivos, facilitando así o seu desfrute e asistencia. O obxectivo de Brión Inclúe é, por un lado, servir de escaparate para aqueles colectivos que traballan na inclusión social a través das artes, e, por outro, “normalizar e visibilizar a diversidade funcional como parte propia da cidadanía a través das creacións culturais de persoas con distintas capacidades”.

Un festival que tamén aporta integración ás familias das persoas con discapacidade, que vivirán a integración real, o acceso integral á cultura e os beneficios que isto achega tanto a nivel de recoñecemento social como de propia autoestima.

Cultura libre de barreiras como protagonista.

Do 9 ao 21 de novembro Brión Inclúe presenta unha programación pensada e estudada para a inclusión transversal.

Do Luns 9 Ao 21 De Nov Redes sociais do Concello de Brión

Exposición online. Pezas do obradoiro de Arteterapia da Asociación Andaina PSM.

Xoves 12 Nov 18:00h na Sala de Exposicións

Falar a mans cheas. Obradoiro e contacontos inclusivo a cargo de Vero Rilo

Sábado 14 Nov 20.00h no Centro Cívico Cultural

Límites. Espectáculo de danza inclusiva, a cargo de Experimentadanza en colaboración con Human Dance Projet.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial