Toda a contorna coa Muller

0

Bisbarra, 8 de marzo do 2021 – Toda a contorna conmemora o Día da Muller con actividades de todo tipo e durante todo o mes.

Rutas urbanas, conferencias, exposicións ou reivindicacións de distinto tipo pero que teñen como nexo de unión o reclamar a igualdade en este 8 de Marzo, Día internacional da Muller.

Distintos actos mesmo motivo

Ames ven de presentar a “Ruta urbana 8M”, un roteiro circular polas zonas verdes de Bertamiráns no que se instalaron monólitos dedicados a mulleres relevantes, entre elas a escritora e veciña de Ames, Filomena Fraga.

Os Centros de Información á Muller de Boqueixón, Touro e Vedra organizan 8M No camiño da igualdade. Reparto de folletos e varios obradoiros son o eixe central da iniciativa presentada polas concelleiras de Igualdade de Boqueixón, Ana María Seijo, e Vedra, Susana García, e a edil de Cultura, Deportes e Educación de Touro, Adela Iglesias.

Roteiro en Ames

Silleda organiza un obradoiro de manualidades para os máis cativos no que crearán o símbolo da muller con legumes. Este martes ademais terá lugar a primeira clase formativa online baixo o título “a actitude multiplica”, formación que continuará a finais de mes.

Boqueixón

A USC deseñou unha nutrida axenda de actos que servirá, ao longo de diversos días, para conmemorar o Día Internacional das Mulleres que se celebra o 8 de marzo. Unha das citas máis interesantes é a conferencia de Marilar Aleixandre ‘Sexo, tabaco e baños turcos: Emilia Pardo Bazán e o dereito das mulleres ao pracer’ que se poderá seguir aquí dentro dun acto máis amplo que comeza as doce do mediodía de este maertes.

Teo

Teo propón unha roteiro polos murais do concello. unha ruta que percorre os traballos realizados nos últimos anos tanto ao abeiro do Delas Fest, festival feminista de arte urbana e contextual, como os realizados no marco das campañas contra a violencia machista con motivo do 25N.

Teo

Son algunhas das citas que estes días hai que ter en conta. O resto do ano temos que lembrar todo o que significa este 8 de marzo e o que queda por mellorar en cuestión de dereitos e igualdade.

Busca na web do teu concello e dos limítrofes para atopar todo o que facer este 8M.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial