Denuncian  o abandono de refugallos das obras da Xunta en Touro

0

Touro, 20 de febreiro do 2021 – A asociación Aldea Viva denuncia que os refugallos dunha obra da Xunta en Touro foron vertidos nunha leira próxima.

A obra foi inaugurada o pasado luns polo delegado provincial, Gonzalo Trenor. A realización dos traballos de Touro comezaron no mes de outubro e a asociación veciñal denuncia que os refugallos non foron retirados e seguen nunha finca xunto á Casa de Cultura.

Aldea Viva denuncia falla de control das obras pola Consellería de Medio Ambiente. Explican que é o organismo autonómico quen ten a obriga de comprobar a execución e a xestión dos residuos conforme aos pregos de contratación nos cales constan, rzamentados, os custes do tratamento dos residuos.

A asociación insta á Xunta a resolver con urxencia esta situación inadmisible, máis grave aínda tratándose precisamente da Consellería de Medio Ambiente. Aldea Viva critica tamén a conivencia do Concello de Touro ca empresa construtora, porque coñecendo os feitos decide mirar para outro lado deixando facer un vertedoiro. A entidade local reincide nuns feitos que xa foron obxecto de sanción no ano 2019.

Críticas a inversión en esta obra

As obras inauguradas tratan de evitar os asolagamentos que se producen na capital municipal, Fonte Díaz, e que teñen como causa a acumulación de residuos mineiros no entubado do río que atravesa o núcleo urbano.

A asociación medioambiental culpa desta situación ás obras executadas pola empresa propietaria dos terreos mineiros na cabeceira do rego, situada uns 400 metros arriba do lugar onde se actuou, que consistiron no desmantelamento da canle perimetral que recollía as drenaxes da antiga mina.

As obras tiveron un orzamento de máis de 53.000 euros da Consellería de Medio Ambiente; importe que se suma a outras inxentes cantidades de diñeiro público achegado por distintas administracións nos últimos anos, ca finalidade de tentar ocultar a desfeita ambiental causada polos verteduras procedentes dos terreos da antiga mina sobre o rego Portapego. Aldea Viva cifra estes investimentos en máis de 350.000 euros.

O colectivo considera que o que se fai é “tapar, que non arranxar, unha situación provocada pola mala praxe dunha empresa privada ao mesmo tempo que as administracións autonómica e local non actúan de oficio para depurar responsabilidades ante os causantes da situación”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial