Touro arranxa os centros sociais de Vilar, Prevediños, Loxo e Calvos

0

Touro, 30 de novembro do 2021 – O Concello de Touro está rehabilitando nas últimas semanas os centros sociais das parroquias de Vilar, Prevediños, Loxo e Calvos.

Os arranxos nos centros comezaron a fnais do verán e continúan hoxe en día. O obxectivo e acondicionar os edificios para o uso da veciñanza. A mellora dos accesos e a habitabilidade forn algunhas das melloras acometidas.

No Centro Social de Vilar dotouse ao edificio dun acceso a través dunha nova rampa e cambiouse a porta de entrada. Tamén foi pintado todo o interior e fíxose un baño novo.

No de Prevediños, no que ainda se traballa, constrúense uns baños novos e a rampa de acceso para persoas con discapacidade xa está rematada.

Pola outra banda, o interior do centro social da parroquia de Loxo foi pintado na súa totalidade e reparouse unha parede lateral que filtraba humidades. Tamén está arranxado o falso teito e a chimenea, que filtraba humidades.

Por último, o centro social de Calvos, no que o interior foi tamén pintado na súa totalidade, conta cun novo baño, a cociña tamén foi renovada e fíxose unha lareira.

Os centros sociais das parroquias de Touro son utilizados pola veciñanza para uso lúdico e cultural e tamén son empregados nas diferentes eleccións como colexio electoral. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial