Touro arranxa a praza do Concello que da acceso a Casa Consistorial

0

Touro, 17 de abril do 2017 –  O concello de Touro continua cos traballos de arranxo do núcleo urbano de Fonte Díaz e aplícase estes días coa praza que da acceso a Casa do Concello.

O Concello de Touro tamén rexistrou melloras na edificación que alberga o consistorio  sobre todo no aillamento das humidades. A entrada exterior de acceso á sede consistorial mellorou coa dotación no solo de placas de granito. Todas estas actuacións están enmarcadas nas obras de reposición de beirarrúas na rúa Bispo Diéguez Reboredo e na Rúa Isabel II e reparación da Praza do Concello. O orzamento destas actuacións supera os 53.000 euros e está apoiado pola Deputación da Coruña a través do programa de Cooperación Provincial. A obra, que estará finalizada nos próximos días, está sendo executada por Obras e Viales de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial