Atalaya Mining segue considerando a Touro un “proxecto en crecemento”

0

Touro, 15 de abril do 2021 – A propietaria de Cobre San Rafael, Atalaya Mining, segue a considerar a mina de Touro como un “proxecto en crecemento”.

No boletín mensual, no que informa das novidades da compañía, Atalaya Mining da por recibida a Declaración de Impacto Ambiental negativa e avanza que ” seguirá as súas opcións administrativas”.

Resolver dúbidas

A compañía inclúe o proxecto de Touro nunha parte do boletín denominada “Growth Projects”, proxectos en crecemento. Asegura manter o compromiso co proxecto de Touro e engade que “Atalaya Mining, en paralelo ao proceso administrativo, está a traballar cos seus mellores consultores para abordar e resolver todas as inquietudes expostas polas partes interesadas durante a Avaliación de Impacto Ambiental”.

A empresa remata asegurando que “confía no seu enfoque do proxecto” do que considera que “está en liña coas mellores prácticas internacionais” e que “satisfará as condicións medioambientais máis rigorosas que poden ser impostas polas autoridades antes do desenvolvemento do proxecto”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial