Touro, 13 de setembro do 2019 – Os perigos da reapertura da mina de Touro volven ao primeiro plano por un bando da alcaldía na que se marcan restricións no uso da auga.
A seca que este ano se sofre obrigou ao concello de Touro a emitir un bando o pasado día 6 de setembro. A publicación informa de que o abastecemento municipal está en valores mínimos e prohibe o uso da auga para regar xardíns ou hortas, encher piscinas ou lavar coches, limitando o uso ao exclusivamente doméstico.
O bando reclama moderación do consumo e advirte da posibilidade de restricións do suministro. Non é a primeira vez xa que un bando similar era emitido o 18 de agosto do 2018, en aquela ocasión polo alcalde en funcións Jesús Martínez Pereira.
A polémica xurde a raíz de estes comunicado polo feito de que o proxecto de reapertura da mina de Touro contempla a desaparición de máis de 20 mananciais. Os informes emitidos pola Sociedade galega de Historia Natural, a petición da Consellería de Economía, destacan que ademais da desaparición de eses mananciais tamén se prevé a anulación de cinco depósitos de auga potable que abastecen a un centenar de vivendas e explotacións gandeiras e a propia rede de auga potable do municipio. A isto hai que engadir que o proxecto presentado contempla a supresión ou desvío duns tres kilómetros de afluentes do río Ulla.
Os veciños veñen de mostrar de novo a súa preocupación. Si sen que se abrira a mina hai posibilidades de restricións de auga ninguén é capaz de dicir que sucedería nunha seca como a de este ano, ou a do 2017, sen mananciais e con menos depósitos de auga.