Touro, 7 de abril do 2020 – Marea Veciñal e BNG de Touro veñen de reclamar do concello máis medidas para combater as consecuencias da crise do Coronavirus.
O BNG reclama que se destine o máximo permitido, un vinte por cento, do superavit do 2019 a gasto social. En concreto os nacionalistas reclaman que se garanta un mínimo de ingresos as familias máis vulnerables e que se reforce a axuda a domicilio. O BNG pide ademais que se compren os equipos necesarios para os traballadores municipais e para os das empresas concesionarias.
Outra das propostas é a a exención do pagamento das taxas municipais nas actividades municipais, de ocupación de vía pública e abastacemento e saneamento para a oslocais que tiveran que suspender a súa actividade.
A Marea propón redución de soldos
A Marea Veciñal de Touro pide unha modificación de crédito que libere 35.000 euros para comezar un plan de emerxencia social. Reclaman que o alcalde e a concelleira de educación reduzan nun 35% os seus salarios.
O plan que propón o grupo da Marea consiste na creación de bonos, de ata 200 euros por mes, para alimentación; estudar a posibilidade dunha renda básica municipal e que se remate coa fenda dixital outorgando bonos de datos e facilitando portátiles ao alumnado das familias máis vulnerables.
Por outra banda a Marea Veciñal pide que se establezan mecanismos de asesoramento para que a veciñanza poida pedir axudas a outras administracións e que se habiliten canles de distribución e promoción para o sector agrogandeiro.
Reunión dos portavoces
Outra das reclamacións de toda a oposición e a realización dunha xunta de portavoces, de xeito telemático. É unha reunión que se ven celbrando en case todos os concellos pero que en Touro, según explica o BNG, aínda non se celebrou. Consideran que na situación actual é unha canle de comunicación fundamental tanto para coñecer as medidas que se toman como para propoñer outras.