Touro, 23 de xuño do 2020 – A Deputación da Coruña destina 439.153 euros á mellora de diversos camiños e estradas municipais no termo municipal de Touro
Os arranxos en Touro divídense en sete proxectos que veñen de saír a licitación pública na Plataforma de Contratación do Estado. Estas obras serán financiadas integramente con cargo aos fondos adicionais do Plan Único (POS+2019). As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas até o vindeiro 14 de xullo.
Os traballos permitirán renovar os seguintes camiños e estradas rurais de titularidade municipal: Viario de Subres a Mane, estrada de Sartés a Monte (Calvos de Socamiño), viario de Marzá á DP 0605, estradas en Eirexe (Foxás), camiños de Sangudeño á Igrexa de Santiago de Prevediños e de Sangudeño á AC-240, viario de Loxo a Arinteiro, de Tribas a Arinteiro e Xesteira Vella, mellora de camiños en Vilar e acceso a Peixón, camiños de Loureiros, melloras do firme de Oca de Abaixo, renovación do campo da festa de Beseño e a pista do Forte, camiño e de Circes e Carballiño , entre outros.