Folga na empresa Tyrma que traballa no interior da mina de Touro

0

Touro, 14 de decembro do 2020 – Mañá celebrarase a segunda xornada de folga na empresa Tyrma de Touro pola modificación das condicións laborais que a empresa quere impoñer.

A primeira das xornadas de folga en Tyrma tivo lugar o pasado día 11 e participou a totalidade do persoal de produción.

O 100% do persoal de produción da empresa de reciclaxe de plásticos de Touro TYRMA secunda a folga. Ademais da nova xornada de protesta de mañá martes está prevista outra o día 17.

Traballar todo o ano

Segundo explica Eduardo Sebio, membro da executiva comarcal da CIG-Compostela, a empresa pretende impor unha modificación das condicións laborais pola que pasarían a traballar cinco quendas diarias con sábados, domingos e festivos incluídos. Isto é, 24 horas ao día os 365 días do ano.

O representante dos traballadores de Tyrma apunta que “Houbo preconsultas pero non se chegou a ningún acordo, por iso o persoal acordou iniciar estas xornadas de folga”. Sebio subliña que no caso de acabar por efectivizarse estes cambios “o persoal tiña que recibir unha compensación xusta por ver mudados os seus horarios e xornadas de traballo”.

Parte da mina de Touro

A empresa de reciclaxe de materiais de plástico TYRMA opera dentro da Mina de Touro. Os 40 traballadores e traballadoras teñen salarios netos que non alcanzan sequera os 1.000 euros. Por iso consideran que o cambio de horarios ten que ser compensado economicamente e hai que garantir unhas condicións dignas.

Coincidindo coa primeira xornada de folga, á que se sumou todo o persoal e coa que conseguiron que as máquinas e a produción parara o 100%, concentráronse diante das instalacións da empresa para “que a empresa retire a modificacións substancial ou, no seu caso, que se acorde coa representación dos traballadores/as as condicións desta modificación”.

As xornadas de folga repetiranse desde as 22:00 horas de hoxe luns até as 22:00 horas de mañá día 15 e desde as 22:00 horas do 16 de decembro, até as 22:00 horas do día 17.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial