Touro leva a un pleno público os cheiros que provoca unha empresa

0

Touro, 24 de novembro do 2021 – A Marea Vecuiñal de Touro solicitou un pleno extraordinario para tratar os problemas de cheiros que provoca a empresa TEN S.l.

A sesión celebrarase o luns 29 de novembro na Casa da Cultura e terá acceso público. O obxectivo do pleno é abordar a renovación da autorización ambiental á empresa e que se explique porque se consisten os cheiros sen tomar medidas.

Marea Veciñal de Touro lembra que no ano 2015, ano de concesión da licenza, “o concello non presentou ningunha alegación e trasladoulle á consellería que todo funcionaba correcto e que non había problemas”. O grupo denuncia que a cidadanía non puído en aquel momento presentar alegacións.

Os cheiros veñen sendo denunciados pola veciñanza. A Marea considera que son consecuencia “do colaboracionismo do alcalde Ignacio Codesido que en todo este tempo negouse a levar a cabo unha auditoría para detectar posibles irregularidades”

O pleno público se celebrará a unha e media da tarde e permitirá, indican, que se teñan que dar explicacións diante dos veciños.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial