A empresa de residuos que provoca os cheiros en Touro funcionou 6 anos sen licenza de actividade

0

Touro, 1 de decembro do 2021 – O pleno extraordinario, solicitado pola Marea Veciña de Touro, desvela que a empresa que provoca os cheiros traballou seis anos sen licenza de actividade.

O pleno celebrouse o pasado luns na Casa da Cultura. O obxectivo debater sobre o procedemento de renovación da Autorización Ambiental Integrada (AAI) á empresa Ten S.L., responsable das queixas veciñais polos cheiros que provoca desde hai anos.

Según a Marea Veciñal de Touro a empresa TEN S.L: defínese, na información corporativa, como “líder en Galicia con máis de 135.000 toneladas de residuos tratadas ao ano” en “52.000 m2 de instalacións”.

Desde a implantación da compañía no ano 2005 e ata o ano 2011 a empresa estivo a operar con residuos de carácter urbano e industrial sen licenza de actividade.

A Marea Veciñal lembra que esto sucedeu “a pesares das numerosas queixas veciñais e denuncias públicas polos pestilentes, e persistentes, cheiros orixinados nas súas instalacións situadas nos terreos da antiga mina de Touro, que están a xerar un grave problema de saúde pública no ámbito municipal”.

Foi no ano 2011 cando o Concello de Touro concedeulle a Tratamientos Ecológicos del Noroeste S.L. a súa primeira licenza de obras e actividade. A día de hoxe, según a oposición de Touro, aínda non se acreditou que teña a habilitación necesaria por parte da Dirección Xeral de Enerxía e Minas para a ocupación dos terreos e o inicio de tarefas.

A Marea Veciñal de Touro denuncia que “se constata a existencia de obras e instalacións sen licenza municipal ou que TEN está a operar fóra dos límites físicos establecidos na Autorización Ambiental Integrada nun reflexo do seu crecemento á marxe da legalidade. Hai que ter en conta, ademáis, que durante a tramitación das licenzas non consta informe favorable algún do organismo competente en materia de Minas”.

O Grupo Veciñal reclamou que o alcalde, Ignacio Codesido, faga cumprir a legalidade e a normativa urbanística a unha mercantil que “operada só por dez empregados logrou converter ao concello no maior váter de Galicia, ao recibir de maneira permante lodos de depuradora e refugallo industrial procedentes de todo o territorio”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial