Presentan alegacións contra o drenaxe integral da antiga mina de Touro

0

Touro, 2 de novembro do 2021 – As agrupacións socialistas de Touro e O Pino veñen de presentar alegacións ao proxecto da drenaxe integral da antiga Mina situada en eses concellos.

O proxecto ven de estar sometido a exposición pública despois de varios requerimentos da Xunta de Galicia a concesionaria, Explotacións Gallegas, S.L

Os socialistas, despois de estudar o proxecto e solicitada a opinión a expertos, consideran que o documento «carece de rigor técnico, cando se fala dun proxecto de drenaxe integral, a solución ao problema medioambiental non pode estar fundamentado en métodos experimentais, e moito menos ter como obxecto outro tipos de accións».

Manifestan que as solucións teñen que estar contrastadas cientificamente, denunciando que non admitiran solucións  “low cost” como a que se propón, por exemplo, para a balsa da corta de Bama.

Así mesmo, tamén critican que a parte máis importante, a planta de tratamento de auga ácida, figure vinculada a unha futura concesión de explotación mineira a ceo aberto. Os grupos socialistas din que esa posible concesión « feitos que non podemos admitir. A contaminación que levamos padecendo durante os últimos 30 anos hai que erradicala si ou si, e, a Administración ten que obrigar a actual empresa explotadora a implantar as máximas accións desde XA»

Por último indican que o obxecto das súas alegacións é obrigar aos promotores a presentar un novo proxecto serio e rigoroso, »queremos que se corrixa o problema da drenaxe ácida procedente da antiga mina, pero que se corrixa de forma integral e de forma definitiva, é para iso non se pode presentar un proxecto que escatima a inversión«, sinalan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial