Toysal di que só quere recuperar a extracción na canteira da Casalonga

0

Teo, 12 de novembro do 2020 – A empresa Toysal , propietaria dos dereitos de extracción da canteira da Casalonga di que ese é o único fin que persigue.

Nun comunicado de prensa explica que a recuperación da actividade non ten “ningunha relación co tratamento de residuos”. A empresa explica que o concello é coñecedor de esta intención e atribúe a oposición dos veciños á falta de información ou ben “porque no seu momento Toysal si chegou a poñer sobre a mesa un ambicioso e moderno proxecto de construción dunha planta para a produción de fertilizantes, unha iniciativa que finalmente foi descartada”

Sobre a visita da enxeñeira de minas

A empresa tamén considera un erro de interpretación a postura adoptada pola Plataforma Casalonga Limpa de Residuos ante a visita dunha enxeñeira de minas da Consellería. para Toysal o colectivo veciñal “fixo unha lectura peculiar do que foi unha inspección ordinaria da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, en compañía de técnicos da empresa Tragsa, aos terreos que ocupa a antiga canteira”.

Reactivación da canteira

Toysal explica que xa “descartou no seu día aquel primeiro proxecto da instalación para fertilizantes, como tamén o fixo posteriormente coa idea de utilizar residuos inertes (escombros de obra convenientemente cribados) para a rexeneración da explotación”.

Hoxe, explican, a empresa só ten en marcha a reactivación da canteira, actividade para a que dispón dos permisos necesarios da Administración autonómica, e un plan de rexeneración igual ao que xa existía anos atrás.

Toysal asegura que defenderá o seus dereitos “polos medios legais que considere necesarios” pero “quere transmitir á veciñanza que está totalmente aberta a facilitar a calquera interesado acceso a toda a información relacionada co seu proxecto, para que poida constatar as súas características á marxe de mensaxes ou intereses políticos”.

Queres recibir todas as novas no teu correo electrónico cada mañá? suscríbete ao noso newsletter

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial