Toysal presenta unha querela criminal contra o alcalde de Teo

0

Teo, 14 de decembro do 2020 – Toysal, ven de presentar unha querela criminal contra o alcalde de Teo, Rafa Sisto; a concelleira de urbanismo, Uxía Lemus e o arquitecto municipal, Ignacio Soto.

A denuncia foi admitida a trámite polo xulgado de instrución número un de Santiago. Preséntase polos presuntos delitos de coaccións, prevaricación, malversación de fondos públicos e falsidade documental en relación coa súa actuación fronte á canteira de Casalonga propiedade da empresa.

A empresa explica nun comunicado que na intención de reactivar a explotación atoparon “unha oposición total e frontal por parte dos querelados, que non dubidaron en absoluto en utilizar todos os medios, legais e ilegais, para impedilo”.

Situación da antiga canteira na CasalongaToysal considera ilícitas cuestións como “atribuírse a propiedade dun camiño privado sen título algún; colocación arbitraria, sen fundamento nin expediente administrativo, de sinais de tráfico nunha finca particular para impedir o paso de maquinaria pesada; investir fondos públicos nesa parcela privada sabendo que non era unha vía municipal, para facilitar así o transito dos opositores á canteira; ordenar á Policía Local que multe, fóra das súas competencias e ámbito territorial, a calquera vehículo da explotación, e finalmente impedir pola forza a Toysal a colocación dunha barreira na súa propiedade”.

A empresa insiste na nota de prensa no papel da Policía Local e asegurando que no 2009 “o propio xefe da Policía Local de Teo negábase a realizar roldas de vixilancia por esta pista por tratarse dun espazo particular”. Tamén relatan que “cada vez que un vehículo accede á explotación, membros da plataforma veciñal avisan ao alcalde e á concelleira, que mandan inmediatamente axentes municipais a multar ou a impedir fisicamente o movemento de maquinaria baixo ameaza de inmobilización ou precinto”. A Policía Local, segundo puntualiza a querela, só ten competencias para actuar no solo urbano, lonxe da zona onde se atopa a canteira, “co que resulta especialmente grave a orde, pois para lograr un fins políticos estase abocando aos axentes a cometer delitos de prevaricación”.

O alcalde fala de “embarrar o terreo de xogo”

Rafa Sisto considera que non ten sentido a querela. O alcalde explica que si o que se quere e recuperar a propiedade será eso o que hai que denunciar e cre que se trata de “máis circo que efectividade”

Sobre a repentina actividade pública de Toysal nas últimas semanas, Sisto considera que é resultado da frustración ao non conseguir impoñer os seus desexos dun “vertedoiro encuberto”.

No momento de publicar esta nova o concello de teo non tiña aínda copia da querela presentada.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial