Toysal prevé plantar na Casalonga 11.000 m² de eucaliptos

0

Teo, 18 de xuño do 2021 – O Plan de Restauración da canteira da Casalonga prevé crear unha división de 11.000 m² de eucaliptos.

A medida tería como obxectivo “minimizar na medida do posible o impacto visual das frontes”. Sería unha “pantalla visual arbórea nas partes noroeste, oeste e sur da explotación”. O ancho previsto para esta división vexetal da canteira sería de 10 metros e os pes que se queren plantar terían unha altura mínima de metro e medio.

Continuidade da explotación

A Xunta remitiu ao concello de Teo o Plan de Restauración da canteira da Casalonga. O envío do documento responda a unha petición de información realizada a primeiros de xuño xa que a Dirección Xeral de Minas non considera que teña que ter exposición pública.

O concello cuestiona que a tramitación actual se axuste a dereito xa que se deféndese que é preciso a tramitación dunha Declaración de Impacto Ambiental e neste momento a Xunta opta por outra vía de tramitación.

O Plan recoñécese como unha actualización do presentado no ano 2001. Indica tamén a intención de continuar coa explotación da canteira polo que “a rehabilitación do espazo realizarase unha vez conclúan os traballos de explotación”. 

O proxecto non explícita unha protección específica para a actual lagoa e indica que “a recuperación das formacións vexetais existentes na zona e favorece a colonización por parte da vexetación e fauna autóctona. En definitiva, permite a recuperación do ecosistema preexistente que fora alterado”. O documento prevé ademais devolver o terreo a “un uso de aproveitamento forestal”.

Desde o concello de Teo indícase que no expediente consta unha proposta de resolución de aprobación definitiva. Na actualidade os técnicos municipais están analizando o Plan para ver o seu alcance.

O Plan de restauración presentado en maio do 2020 pode consultarse no seguinte enlace.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial