Os traballadores do servizo de axuda no fogar, SAF, de Silleda serán subrogados polo concello

0

Silleda, 24 de xaneiro do 2022 – Os traballadores do SAF de Silleda serán subrogados polo concello despois de que a empresa adxudicataria solicitara a resolución do contrato.

O argumento presentado pola empresa o pasado día 20 foi a inviabilidade económica para prestar o servizo. A solicitude de resolución do contrato de xestión do SAF pon como data de finalización o vindeiro día 31.

O alcalde, Manuel Cuíña, explica que  “O proceso está xa en marcha e con vontade por todas as partes implicadas”. O rexedor manterá novos encontros a vindeira semana para atopar a solución definitiva sobre o conflito laboral do SAF.

O martes Cuiña reunirase cos representantes sindicais das traballadoras do SAF, nun encontro de traballo no que agarda se poida aclarar a cantidade que a empresa debe ao persoal da plantilla. Con posterioridade, o alcalde manterá tamén ao longo da vindeira semana un encontro con todas as traballadoras do SAF de Silleda para comunicarlles directamente os pasos dados.

“Sumando esforzos, entre todos tanto a empresa á hora de trasladar a documentación, como do Concello e da plantilla, conseguiremos que un servizo básico e esencial como este non se vexa afectado por toda esta situación”, sinala o o alcalde.  En canto a cuestións económicas, Cuiña aclara que se irá dando conta “en canto coñezamos realmente cal é a situación, xa que a día de hoxe non dispoñemos de datos reais sobre a mesma”.

Do mesmo xeito, Cuiña agradece aos servizos municipais de Secretaría e Intervención o enorme esforzo que están a realizar para facer efectivo o proceso de subrogación. Tamén agradece a colaboración do sindicato e a plantilla, nun proceso que “require a colaboración máxima de todas as partes”.

Agardase que ao longo do vindeiro mes de febreiro se faga efectiva a subrogación da plantilla e que poidan estar abonadas as mensualidades que se deben á mesma. Manuel Cuíña aclara tamén que o goberno municipal xa dende estivo á espera de que se presentara por parte dos sindicatos a documentación probatoria para acreditar os impagos “Gustaríanos ter tido antes esa documentación, pero non é o momento de facer reproches senon de mirar cara adiante e buscar a mellor solución”, engade.

O proceso que se abre agora servirá tamén para valorar dende o Concello de Silleda se este servizo se pode prestar de xeito directo. “Non é casualidade que a maioría dos Concellos, de distintas cores políticas, teñan este servizo externalizado, xa que é un servizo complexo”, apunta. O SAF será municipal mentres non se regularice a situación “nun tempo no que nos permitirá tamén valorar como funciona asumido directamente por una entidade local como Silleda, cas complexidades que implica, ao asumir de repente preto de 40 persoas máis en plantilla”, engade o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies