Traballos de mellora de firme e sinalización en rúas de Oroso

0

Oroso, 19 de novembro do 2020 – O Concello de Oroso, a través da Concellaría de Obras, está realizando traballos de mellora do firme e da sinalización no núcleo de Sigüeiro.

Desde hai días distintas rúas recibiron novo aglomerado e estanse repintando. Tamén serán repasados todos os pasos de peóns e colocarase a nova sinalización.

Estas actuacións, xunto aos traballos no pavimento de varias rúas, teñen un orzamento de 55.000 euros.

Algunhas das zonas nas que se traballou foron a Praza Isaac Díaz Pardo, a rúa Lenguelle, a da Cultura, a Rúa Tambre, a Batalla, o Portiño e a zona de Alexandre Bóveda.

Estas actuacións forma parte do plan integral de mellora e renovación dos servizos e infraestruturas de Oroso, tanto no centro urbano como nas parroquias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial