A Baña, 12 de xuño do 2017 – A cuarta cita do campionato Trail Galicia disputouse esta fin de semana en A Baña con pequenos problemas de organización e récord de asistencia con máis de 250 participantes en total.
O mellizos Rubén e Carlos Martínez, do Club Atletismo Negreira, impuxéronse na minitrail Concello da Baña cun tempo de 1:09:11 e 1:14:27, respectivamente; por diante do boirense Juan Cepeda Reboiras, que cruzou a liña de meta cun tempo de 1:14:33. En categoría femenina, as gañadoras foron Vanessa Maneiro, de Noia(1:54:10) Natalia Sierpes, de Tui(1:56:27) e Yan Li Chen, da Coruña (1:59:19).
No trail longo, no que os corredores percorreron 23,8 km polos montes da Baña, os gañadores foron: Luis Calvo Castro, de Negreira (1:59:47), Juan Jesús Barral Varela, de Brión (2:09:32) e Salvador Guerrero Galván, rondeño afincado en Ribeira (2:10:24). En mulleres subiron ao podio Rebeca Mariño Torrado, boirense residente Palma de Mallorca (2:32:10), Eva de la Fuente, de Santiago (3:01:32) e María Montoiro Salvado, de Santiago (3:06:54)
A proba, que representa a cuarta cita do Trail Galaica, dispustouse nos montes da Baña sobre un percorrido de case 14 quilómetros (o minitrail) e de 24 km (trail longo). Para Rubén Martínez o Km. 10 foi “moi duro, con tramos que fixen andando”, indicou ao chegar a meta. Juan Cepeda sinalaba que é un trail curto rápido, “aínda que conta con algún tramo técnico”.
A proba, na que participaron 89 corredores no trail longo, 141 no curto e 29 na peke-trail, houbo algunhas incidencias sobre as que a organización pideu desculpas aos corredores. Por un erro no primeiro punto de avituallamento, a algúns corredores do minitrail dirixeuselles cara o circuito longo, polo que fixeron quilómetros de máis. Noutros puntos, a organización detectou que as balizas que delimitaban o circuito foron arrancadas, un feito que moitos dos corredores calificaron como unha “sabotaxe” por persoas alleas a proba.
Mentres os adultos disputaban as súas probas, ao carón campo de fútbol de Charcas os máis cativos, un total de 29, participaban no peke-trail, nun circuito habilitado ao efecto. Os gañadores destas probas foron Uxío Domínguez e Carla Balsa (categoría benxamín), Rubén Balsa e Alba Sánchez (alevín), Breogán Domínbuez e Xiana Brea (infantil) e Óscar Parente e Paula Paredes (cadete).
Os equipos que participaron con máis atletas nesta proba foron o Atletismo Fontes do Sar (Santiago), Beer Runners Coruña e o Club Atletismo Negreira. Segundo destacou a organización, a carreira da Baña foi a proba do Trail Galaica que contou con máis corredores da comarca de todas as disputadas ata o momento.
Organizada por Dimenzone e Emesports co apoio técnico da Federación Galega de Atletismo, e patrocinada, entre outros, polo Concello da Baña, Tail Galaica é un circuito de carreiras de montaña que quere explorar os rincóns máis ocultos e as fronteiras máis inexploradas da xeografía galega, para ensalzar, a partir dunha actividade deportiva de moda como o trail, os montes galegos e poñelos en sintonía cos deportistas que acepten o “reto” do trail de montaña.
Na entrega de premios, os gañadores das diferentes categorías recibiron unha medalla (no peke-trail) e un trofeo, todos eles elaborados a man en madeira, así como diferentes agasallos dos patrocinadores do Trail Galaica.
Ao finalizar, corredores e membros da organización degustaron no campo de fútbol de Charcas unha paella que foi elaborada por José Antonio Varela.
Clasificación por categorías
Sénior masculino: Marcos Antonio Pascual, Marcos Almozara Mayo e José Manuel Ruso
Sénior feminino: María Montorio
Veterano 1 masculino: Daniel Paz Pardo, Alberto Carou Carril e pablo Miragaya
Veterano 1 feminina: Verónic Parcero, Marga Moreno e Ana Vigo
Veterano 2 masculino: Javier Tourís, José Antonio Castro e Francisco Manuel
Veterano 3 masculino: Santiago Vázquez, José Manuel González e Jesús Uzal Miramontes.
Trail locales: Marcos Almozara Mayo e Ana Vigo Liñares.
Sénior masculino: Anxo Carreira Casais, José Manuel Quintián e Daniel Santall
Sénior feminina: Lorena Ramos Trillo, úrsula Neilson e Vanessa Pérez Castelao
Veteranos masculino: Mario Rodríguez Otero, Pablo Fadeville e Javier Gendre
Veteranos feminino: Lucía Baleato, Inmaculada Souto e Silvia Gestál
Mini Trail locales: Juloi Blanco Queijo e Rocíio García.