A Deputación estuda as posibilidades de ampliación da DP7804 en Trazo

0

Trazo, 14 de abril do 2021 – O deputado provincial Blas García visitou o concello de Trazo para estudar a posible ampliación da estrada provincial DP7804 ao seu paso polo municipio.

Blas García estivo acompañado no percorrido pola concelleira socialista Beatriz Dominguez quen expiicou que  “Visitamos a DP7804, a principal arteria de comunicación do Concello, no tramo que discurre entre Agro do Mestre e A Noia para estudar as posibilidades de ampliación da calzada e a posta en marcha dunha senda peonil”.

Por outra parte, con motivo do recente arranxo por parte da institución provincial da DP7804 no tramo que discurre dende A Peregrina (Santiago) a Pontealbar, houbo que desviar o tráfico por dúas estradas de titularidade municipal, a de Pontealbar a Chaián e a que vai desde o cruce de Chaián ata a ponte sobre o río Tambre.

 Blas García engadiu que  “A Deputación da coruña vai acometer a curto prazo o arranxo dos desperfectos ocasionados polo desvío do tráfico pesado que soportaron estas dúas vías municipais nos últimos meses, unha actuación que incluirá unha nova sinalización”. 

Según Beatriz Dominguez no encontro “Falamos tamén doutras obras e proxectos, como a construción dunha senda desde Viaño Pequeño a Viaño Grande, que agora estudará o departamento de Obras da Deputación para buscar a mellor solución”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial