Tres días de descenso nas cifras de positivos por Covid (9/11/2020)

0

Bisbarra, 9 de novembro do 2020 – Boas novas nos datos de positivos por Covid xa que levan 3 días baixando.

Si o día 6 na Área Sanitaria os casos de positivos por Covid eran 1338, o 7 baixaban a 1289 e onte domingo a 1226. Datos que non poden ser atribuídos ás medidas que entraron en vigor o venres xa que é moi pouco tempo.

Os centros de estudo afianzan tamén esa tendencia á baixa e os últimos datos oficiais de positivos por Covid son de, para a Área Sanitaria de Santiago Barbanza, 153 o día 5, 142 o día 6 e 139 o día 7.

Niveis de alerta

En canto os niveis de alerta nos concellos hai que lembrar que son dados en función dos casos recollidos nos últimos sete días polo que as cifras reais de positivos poden non corresponder exactamente.

En nivel 3, vermello, están Ames,Teo, Santiago, Ordes, Noia e Santa Comba. En nivel 2, laranxa, A Estrada, Porto do Son, Ribeira e Boqueixón. Finalmente en nivel 1, amarelo, atópanse Boiro, Rois, Brión, Negreira, Muros, Oroso, Melide, Vila de Cruces e Silleda.

O resto de concellos están por debaixo dos sete casos na última semana.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial