Vedra, 16 de abril do 2019 – Un ano máis a organización da Exaltación do Viño da Ulla foi un éxito e o campo da festa de San Miguel de Sarandón en Vedra encheuse de xente en esta 39 edición da homenaxe.
O alcalde Carlos Martínez Carrillo dou a benvida a todas e agradeceu a colaboración de todo o mundo. Invitou a beber e disfrutar do Viño da Ulla excepto aos condutores aos que recomendou comprar unha botella e tomala ao chegar a casa. Tras a súa presentación foi a quenda do p.regoeiro
En esta ocasión o actor Manuel Manquiña foi o encargado de render a homenaxe e demostrou o coñecemento que ten do val do Ulla desde que casara en el hai 20 anos. Un pregón divertido e imaxinativo no que contou como Deus creou o Val do Ulla e os intentos que o demo fixo, sen conseguilo, para que todo saíra mal. O podedes escoitar completo a continuación
Novos membros da Orde da Bota
Ademais do pregoeiro a Orde da Bota nomeou como novos membros ao conselleiro de medio rural José González Vázquez, o xornalista Victor Furelos e a Xosé Manuel Guerra como xerente de Sondeos Guerra, empresa que leva desde o inicio colaborando coa festa. Todos prometeron defender o Viño da Ulla alá onde foran e recibiron un pin, unha bota e un diploma acreditativo.

Carlos Martínez, alcalde de Vedra, dando a benvida

Manuel Manquiña sendo nomeado

Victor Furelos

O Conselleiro de Medio Rural José González

José Manuel Guerra
Premios ás bodegas
O acto central da xornada rematou coa entrega dos premios da cata celebrada o dia anterior. Os gañadores en esta edición da Exaltación foron por este orden Gundián da Adega Valdes, Barallobre e Chouzal as dúas das bodegas do mesmo nome.
Música e xantar
Tras homenaxes, nomeamentos e premios a Orquestra Xacobeo puxo a música e as polbeiras enchéronse de xente para xantar. Xa pola tarde e antes da segunda sesión da Orquestra o pregoeiro, reconvertido a cantante do seu grupo Os Fabulosos Weekend. puxo máis música a tarde completando unha magnífica xornada de festa en San Miguel de Sarandón.