Un camiño para unir os sete concellos da comarca de Ordes

0

Ordes, 27 de setembro do 2021 – ASDECOMOR, Asociación de desenvolvemento da Comarca de Ordes, pon en marcha “O camiño que nos une”, unha iniciativa que busca vincular  patrimonio natural e cultural de esa bisbarra.

O proxecto de dinamización do GDR ASDECOMOR conta coa colaboración do AGADER e coa Secretaria Xeral de Política Lingüística. A proposta consiste na creación dun camiño que una os sete concellos da comarca,dando visibilidade en cada un deles a un espazo patrimonial de interese natural,cultural, histórico, arquitectónico, etc.

En cada un destes sete puntos está programada unha andaina e  unha actividade cultural que servirá para presentar, visibilizar e dar a coñecer ese espazo,  e para amosar as potencialidades e valores propios da Comarca de Ordes como camiño interior.

O proxecto ‘O camiño que nos une’ xorde nun momento en que a importancia do coidado e a conexión coa natureza medra imparable na conciencia social colectiva. O proxecto quere tamén contribuír á observación e conservación dos espazos naturais, satisfacendo unha parte da demanda de programación cultural e de usos eco-recreativos do medio rural. Unha iniciativa que se implica na creación de estratexias e programas de turismo responsable na Comarca de Ordes.

Conectando A Comarca

A Comarca de Ordes está formada por sete concellos (Cerceda, Frades, Ordes,Oroso, Tordoia e Trazo) con identidade propia e sentimento comarcal moi definido. Esta ruta con sete paradas, unha por concello, permitirá afondar na cohesión comarcal e na conexión entre territorios, traballar coa historia e a cultura local e promover o coñecemento do propio, do máis próximo.

Tamén se procura a implicación de axentes activos da zona co obxectivo de traballar o desenvolvemento local dun xeito participativo coa estratexia de crear un tecido comarcal, cultural e patrimonial e empresarial, máis forte e duradeiro.

A ASOCIACIÓN ASDECOMOR, Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes, é unha entidade sen fin de lucro, integrada por un conxunto representativo das institucións e dos axentes económicos da Comarca de Ordes.

A Asociación nace no ano 2001 coa finalidade de xestionar iniciativas e programas de Desenvolvemento Rural,sendo seleccionada para a xestión da Iniciativa Comunitaria Leader + e como entidade colaboradora de AGADER na xestión do Programa Leader 2007-2013.

Actualmente xestiona como entidade colaboradora de AGADER, a medida LEADER do PDR de Galicia na Comarca de Ordes.

Entre os seus obxectivos están promover a dinamización territorial e a mobilización social ou promover a valorización do medio rural en xeral e do seu territorio en particular que é onde se enmarca o proxecto ‘O camiño que nos une’

Programación

  • Concello de Ordes

1 de outubro

17.00h _Andaina Tramo Camiño Inglés (Buscás_Poulo)

18.00h_Actuación musical con Ailá

  • Concello de Tordoia

2 de outubro

11.00h_Andaina Dolmen de Cabaleiros_Pedra Longa

12.00h_Actuación musical con Ailá

  • Concello de Mesía

15 de outubro

17.00h_Andaina Brañas de Valga

18.00_Actuación musical con Emilio Rúa

  • Concello de Frades

16 de outubro

11.00h_Andaina Pazo de Galegos

12.00h_Actuación musical con Laroá

  • Concello de Cerceda

16 de outubro

17.00h_Andaina Paseo Río Cabancos_Vía Verde

18.00_Actuación musical con Laroá

  • Concello de Oroso

23 de outubro

11.00h_Andaina Tramo Camiño Inglés Río Carboeiro

12.00h_ Actuación musical con Cintaadhesiva

  • Concello de Trazo

23 de outubro

17.00h_Andaina de San Lúcas

18.00h Actuación musical con Emilio Rúa

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial