Un membro da lista do PP de Teo non descarta presentarse ás vindeiras eleccións

0

Teo, 25 de outubro do 2021 – A nota difundida a pasada semana en Teo por un membro da lista do Partido Popular, PP, abriu a porta a todo tipo de especulacións.

Lindeiros acudiu á fonte para saber que motivou a José Manuel Mayo a facer visible, de xeito tan claro, o seu descontento co concello e co PP.

Mayo é presidente de tres asociacións na parroquia de Cacheiras. É coñecido pola súa participación desde hai 20 anos na vida da parrioquia  e asegura que a veciñanza sabe do seu traballo.

José Manuel Mayo foi no número 9 nas listas do Partido Popular de Teo. Un dos motivos para o seu comunicado foi a decepción sufrida pola «inactividade» do partido.

A súa crítica está dirixida tamén á xestión do concello. Considera que Teo non crece como o resto da bisbarra e non é escoitado nas institucións.

Mayo recoñece que algúns veciños queren que se presente ás eleccións. É algo que non descarta aínda que terá que valorar se encabeza unha proposta ou intégrase en outra lista.

O que está claro e que Teo convertese no concello no que máis cedo comeza a campaña do 2023.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial