Un millón de euros en inversións no Centro Público Integrado plurilingüe de Vedra

0

Vedra, 28 de setembro do 2021 – O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou o CPI plurilingüe de Vedra que recibiu un investimento de máis de un millón de euros.

A aportación serviu para a ampliación do centro coa creación dun novo volume para aulario de Secundaria. Un edificio que aporta ao conxunto 8 novas aulas en dous andares e que tivo un coste de 840.000€.

Román Rodríguez sinalou o dinamismo do colexio, que participa no proxecto de libro dixital E-Dixgal, así como en varias iniciativas de bibliotecas escolares lembrou que se trataba de “unha visita que houbo que adiar por mor da pandemia e que, felizmente, hoxe puidemos facer realidade”.

O Conselleiro explicou ademais que “A construción deste novo edificio permitiu redistribuír as aulas de infantil e primaria no xa existente redundando nunha mellora xeral para o conxunto do centro”.

Uns cambios de calado

A actuación incluíu tamén melloras no edificio preexistente. Nel acondicionouse un novo taller de tecnoloxía na actual aula e unha nova sala de usos múltiples e dividíronse tres aulas de infantil co fin de contar con novos espazos.

A maiores, reformouse a entrada do centro, incorporáronse aseos a dúas aulas de infantil e instalouse un novo grupo electróxeno. A ampliación deste centro eleva a máis de 1,1M€ o investimento da Xunta de Galicia en obras de mellora neste centro na última década.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial