Un millón de euros para a estrada Santiago Val do Dubra

0

Bisbarra, 31 de maio do 2021 – A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade as obras de ampliación e mellora do trazado da estrada de Santiago a Val do Dubra.

O investimento aprobado, na última sesión plenaria da Deputación, chega ata o millón cento sesenta ml euros. A esta cantidade hai que engadir outros trescentos vinte e cinco mil aportados xa na nova ponte sobre o rego Gatofero.

O proxecto suporá importantes melloras da seguridade nun tramo de 3,5 quilómetros, que conta cun elevado volume de tráfico. O proxecto vai desde o núcleo compostelán de Miramontes ata a intersección da estrada DP-0701.

A Deputación xa aprobara hai dous anos un proxecto de mellora para esta estrada, que non pudo executarse debido á falta de autorizacións de Augas de Galicia, polo que unha vez adaptado o proxectos ás esixencias administrativas deste ente, o pleno deu hoxe luz verde definitiva a esta obra, que xa conta coas expropiacións de terreos completadas.

As obras suporán a ampliación da plataforma do vial ata os 9 metros (7 metros de calzada e 1 metro de beiravía en cada unha das marxes), a mellora do trazado en determinadas curvas e a pavimentación do tramo con macadam e zahorra artificial.

A instalación contará ademais cun sistema de drenaxe lonxitudinal con tubo de formigón, sistema de recollida de pluviais nos tramos onde hai beirarrúas e dotación de nova sinalización horizontal e vertical.

Nova ponte sobre o rego  Gatofero

O proxecto complétase coa actuación, xa  rematada, de construción dunha nova ponte sobre o rego Gatofero. A Deputación demoleu a antiga ponte, que contaba con só 6 metros de ancho que resultaban insuficientes para a nova sección do vial, e construíu un novo viaducto con catro vigas dobres T de 25 metros de lonxitude e 12 metros de ancho, dos que 9 son de calzada e 3 de beirarrúas, que se ubican en ambas as dúas marxes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial