Un millón de euros para o saneamento de Padrón

0

Padrón, 20 de outubro do 2021 – A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, asinaron un acordo de colaboración para impulsar o sanemaneto da vila.

A Xunta destinará máis dun millón de euros á ampliación da rede de saneamento. Destinarase ademais 1,43 M€ para a redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar.

O acordo asinado consiste na execución dunha rede de colectores e 4 estacións de bombeo de augas residuais nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso. A Xunta achegará o 80% do orzamento e executará as obras, mentres o Concello de Padrón contribuirá co 20% restante.

As intervencións darán servizo a unha poboación total futura de 669 habitantes e contan cun prazo de execución de seis meses. A intervención centrarase na ampliación da rede de saneamento mediante unha serie de colectores por gravidade executados en tubaxe de PVC de diámetros 315, 400 e 500 mm. Ademais, prevense 4 estacións de bombeo (EBAR) nos puntos baixos: nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso. As impulsións proxéctanse en polietileno de 90 mm de diámetro.

Redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar

No reunión , a conselleira e alcalde abordaron tamén o traballo que se está a impulsar no marco do convenio de colaboración asinado o pasado mes de setembro polo que a Xunta investirá 3 millóns de euros na redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar ao seu paso polo municipio.

A este respecto, Ethel Vázquez indicou que o obxectivo da Xunta e proceder á contratación das obras a mediados do vindeiro ano para que estean rematadas a finais 2023, dentro do período establecido para a execución dos fondos europeos FEDER cos que serán cofinanciadas.

Ethel Vázquez incidiu en que as actuacións previstas parten dunha planificación completa e ambiciosa realizada desde a Xunta, pois están recollidas no Plan de xestión específico da área de risco potencial significativo dos ríos Ulla e Sar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial