Unha herdanza conflitiva en Arzúa

0

Arzúa, 20 de xullo do 2021 – Unha herdanza de obras de arte, que pode superar o millón de euros, motivou un cruce de acusacións entre o goberno de Arzúa e a oposición.

A pasada semana o Partido Popular de Arzúa acusaba ao goberno municipal, na rede social Facebook, de rexeitar a herdanza que un veciño quería legar ao concello

 

Os Populares explicaban que non chegar a un acordo supoñía perder a colección de arte e 50.000 € que servirían para acondicionar un lugar onde exhibila.  A información cobraba outra dimensión polo pasamento do doante “sen que a doación fora aceptada”.

Imaxe Partido Popular de Melide

Unha herdanza imposible de aceptar

Onte o Goberno Municipal saía ao paso de esta publicación acusando ao Partido popular de “cinismo e pura hipocrisía”. No comunicado explícase que “ningún alcalde no seu san xuízo rexeitaría unha herdanza de un millón de euros”.

A nota de prensa municipal engadía que  “o alcalde, José Luís García,  explicoulle persoalmente, días atrás, ao voceiro do Partido Popular e a algún membro máis do seu partido, a realidade da doazón desta herdanza e o transcurso de como foron sucedendo as cousas. Rafael Rivadulla (voceiro popular) foi informado de que o alcalde sempre mantivo unha actitude correcta coa persoa doadora, á que en todo momento se lle animou  a que fixese o que él considerase oportuno e atendese á súa vontade”.

Según o equipo municipal o alcalde tamén lle manifestou ao doante que, posteriormente, o concello de resultar beneficiario de dita herdanza trataría de cumprir coa vontade disposta no seu testamento.

O problema

A explicación da non aceptación da herdan ten resposta na lexislación vixente. O doante quería que o alcalde aceptase a herdanza estando él en vida; dende a propia Secretaría Municipal informóuselle da imposibilidade de que unha administración pública acepte unha herdanza estando en vida a persoa doadora.

O Goberno Municipal di tamén que “Debería Rafael Rivadulla preguntarse porque outras entidades públicas, caso do concello de Sada ou a propia Consellería de Cultura gobernada polo Partido Popular,  non puideron aceptar esta mesma doazón cando tamén lles foi ofrecida pola persoa doante incluso antes de que valorase a posibilidade de que a herdanza puidese quedar en Arzúa”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial