Unha nova vida para o Cine París de Muros

0

Muros, 2 de decembro do 2020 – O cine París de Muros recupera o seu esplendor como centro sociocultural co Plan Único da Deputación da Coruña.

O Presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, visitou a localidade muradá para supervisar as obras. Cun orzamento total de 266.000 euros. os traballos inclúen a renovación da cuberta e a recuperación da fachada.

Valentín González Formoso foi recibido no salón de plenos pola alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e membros da corporación. Na visita tamén participaron o deputado Blas García e a deputada Sandra González. O presidente provincial tamén aproveitou para visitar outras obras na zona vella de Muros incluídas no Plan Único como a mellora integral da zona de Chalón, onde se instalan novos pavimentos e tamén se aproveita para recuperar os tradicionais lavadoiros.

González Formoso lembrou que “o Plan Único aumenta este ano considerablemente para todos os concellos, e tamén para Muros, que conta cunha asignación de 600.000 euros dos que 140.000 euros irán destinados para facer fronte aos gastos sociais orixinados pola pandemia”.

Inés Monteagudo quixo “agradecer a visita do presidente e os investimentos da Deputación en Muros, que son imprescindibles” e recalcou que “a obra do Cine París era moi agardada porque a situación do edificio era dramática, pasou de ser unha actuación estética a ser de seguridade xa que corría risco de derrubamento. Agora dá gusto velo e cambiou a sensación dos comercios e establecementos desta zona”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial