Unha semana para o concerto de Bonnie Tyler en Compostela

0

Compostela, 30 de novembro do 2021 – O vindeiro día sete, Bonnie Tyler dará un concerto no Multiusos do Sar que se presenta como a gran cita musical de este decembro.

Con más de corenta anos de carreira Tyler segue en plena forma e ven de sacar o disco “The best is yet to come”. O concerto está organizado por Rock and Round, produtora do festival Vilablues, dirixida por Gomer Meijón.

Gomer explica que o concerto non podería ser posible sen o apoio da Xunta de Galicia. O evento presentouse ao concurso de proxecto do AGADIC, a produtora tiña a exclusividade para Galicia da artista, e conseguiu a maior puntuación

Gomer considera que este tipo de concertos serían imposibles sen o apoio das administracións. En moitos casos o custo está por riba do que xeran. Un dos problemas aos que se enfronta o sector é unha falta de público nos concertos que a pandemia viu a agrandar

As entradas xa se poden mercar en Woutick!. A apertura de portas será as oito da tarde e o concerto terá como teloneros a Blues do país.

Imaxe de De Nadir Chanyshev, CC BY-SA 3.0,

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial