Unha sentenza obriga ao concello de Ames a pagar máis de 80.000 euros

0


 

Ames, 17 de decembro do 2020 – Unha sentenza do xulgado contencioso administrativo de Santiago obriga ao concello de Ames ao pago de  87.719,84 € pola incautación indebida dun aval incautado.

Trátase dunha obra no Milladoiro, no sector denominado PM5-03, no que se ubican 200 vivendas. No ano 2005 a empresa solicitou que o concello recepcionara a obra pero existían partes non executadas polo que desde o concello de Ames requiriuse que se solucionaran as deficiencias.  

Incautación de avais

A empresa realizou parte das obras requiridas pero, como a obra seguía sen adaptarse ao proxecto, o concello decidiu a incautación dos avais por importe de 530.000 €. Non sería ata o ano 2011 que se presenta un proxecto para solucionar os problemas da obra, a reparación tería un importe de  29.928,01€.

O Partido Popular de Ames, que agora denuncia o “oscurantismo” do goberno sobre esta sentencia, advertiu en aquel momento que, ao seu parecer, o proxecto era insuficiente para resolver todas as deficiencias. Xa en 2017 o Pleno da Corporación aprobou un novo proxecto que se adxudicou en maio de 2018 por 231.665,93€. O goberno municipal mantén a incautación de avais, pero agora, por un valor de 356.818,30€.

Recurso en trámite

O Partido Popular de Ames denuncia agora que no momento de ese segundo proxecto, 2017, xa se presentara no Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Santiago o recurso contencioso que remataría con sentenza 24 de abril de 2019, pola que se condena ao Concello de Ames á devolución dos importes indebidamente ingresados na execución dos avais, xunto cos intereses derivados ata a súa efectiva devolución, impoñendo tamén as costas.

O recurso de Apelación é desestimado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmando a sentenza do Contencioso Administrativo de Santiago de Compostela e procedendo a imposición de costas ao Concello de Ames.

Os populares amienses explican que  foron coñecedores da sentenza a raíz da aprobación do pasado pleno ordinario de Novembro do suplemento de crédito 3/2020 por un valor superior ao millón cen mil euros, importe financiado con cargo ao Remanente e Tesouraría.  Neste suplemento recóllese un total de 87.719,84 € para facer fronte ao importe de execución desta obra pola devolución dos avais incautados en virtude da sentencia ditada xunto coa partida de 10.079, 37 € en concepto de intereses derivados dos avais incautados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial