Unidade fronte aos eólicos

0

Bisbarra, 7 de xuño do 2021 – 130 colectivos apoiaron en Compostela a manifestación celebrada o pasado sábado en contra do modelo de enerxía eólica que se intenta impoñer.

Baixo o lema “Eólicos así non” miles de persoas percorreron as rúas de Compostela pedindo un modelo enerxético acorde ao territorio. Colectivos da bisbarra como Plataforma Casalonga Limpa de Residuos o Mia Touro O Pino NON participaron tamén na protesta.

Tamén participaron líderes político como Ana Pontón do BNG. A nacionalista falaba dun modelo respectuoso co medio ambiente pero tamén dunha tarifa especial para Galicia e incluso dunha empresa pública

Gonzalo Caballero do Psoe explicou aos medios o que denominaba un Mix enerxético e a necesidade de usar enerxías limpas

Pola súa banda Antón Gómez Reino de Podemos Galicia expresaba a necesidade dunha transición ecolóxica sen que iso signifique invadir o rural

E dentro de 7 días nova manifestación convocada polo colectivo Casalonga Limpa de Residuos, en contra da explotación e dos proxectos da canteira situada en Teo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial