Unións Agrarias repartiu carne en Compostela para concienciar da crise do sector gandeiro

0

12, 20 de setembro do 2021 – Unións Agrarias denuncia que 11.000 explotacións gandeiras. moitas delas na bisbarra de Compostela, acumulan meses de perdas pola baixada dos prezos da carne.

Unións Agrarias busca con esta campaña, que continuará en outros puntos de Galicia, que se cumpra a Lei de cadea Alimentaria. Denuncian que a venda a perdas é unha realidade o que pon en risco a continuidade de moitas explotacións.

Roberto García, presidente de Unións Agrarias, explicaba os obxectivos da campaña entre os que destaca a necesidade de concienciar ao consumidor sobre un modelo de produción sostible

García engadía que a situación actual é unha consecuencia directa de 18 meses de pandemia que deixaron ás explotacións ao borde do peche

A situación agrávase aínda máis pola presenza dos intermediarios en todo o proceso que fan que un producir un quilo de carne custa 5,39€ e os produtores cobren 4,20

Unións Agrarias lembra que se trata dun sector integrado por pequenas explotacións familiares que traballan seguindo o modelo tradicional de pastoreo en extensivo. Un modelo que ademais de producir carne de primeira calidade baixo os máis estritos parámetros de benestar animal, desempeñan un papel imprescindible dende o punto de vista da xestión do territorio, a loita contra o abandono e contra os grandes incendios.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial