A USC na procura de investigadores

0

Compostela, 3 de xaneiro do 2022 – A USC ven de publicar unha convocatoria dotada con 42 contratos predoutorais coa finalidade de captar investigadores en formación.

Imaxe de Santi Alvite

O prazo para presentar candidaturas permanecerá aberto do 3 ao 31 de xaneiro de 2022.  A convocatoria permitirá “renovar o persoal, incorporando investigadores en formación que nutra no futuro á carreira académica, e atender especialmente aquelas áreas de coñecemento nunha peor situación” según establece o texto da oferta .

A resolución busca promover a formación de doutores/as que realicen unha tese doutoral nalgún dos programas de doutoramento ofertados pola USC en calquera das áreas de coñecemento establecidas e atópase estruturada en dous apartados.

A modalidade A, —dotada con 22 contratos— conforma un plan propio de captación de investigadores/as predoutorais, financiado polo Banco Santander; mentres que a modalidade B —20 contratos— está enfocada á formación de doutores/as nos grupos de investigación da USC, co fin de que realicen unha tese doutoral asociada a un proxecto de investigación pertencente á institución compostelá. Este plan completarase más adiante cunha convocatoria específica con financiamento do Convenio de colaboración para o Campus Terra, unha vez que foi acreditado como campus de especialización.

Carreira investigadora competitiva

“O doutoramento é un proceso de aprendizaxe complexo que ten por obxecto formar doutores e doutoras de calidade, con preparación para enfrontarse a unha carreira investigadora e académica competitiva coas mellores garantías de éxito”, establece a USC no preámbulo da convocatoria. Non se pode obviar que este tamén é o primeiro paso na carreira académica universitaria, “na que un dos principais problemas na actualidade é a idade media dos corpos docentes, que se sitúa en 55,4 anos no conxunto de universidades públicas españolas e que na USC ascende a 57,5”. Ademais, no Sistema Universitario Español un 24,1% do profesorado de corpos docentes está en proceso de xubilación (60 ou máis anos), mentres que na USC esa cifra elévase ao 26,9%, cun 10% de profesorado que ten máis de 67 anos. Neste contexto, a USC quere dar pulo a accións que, tal e como sucede coa convocatoria que acaba de ver a luz, logren a longo prazo corrixir esta situación.

Criterios de valoración

Na modalidade A, o 40% da puntuación final de cada persoa aspirante obterase sobre a media do seu expediente académico de acceso ao doutoramento, establecendo unha nota mínima de 6 puntos. O 60% restante da puntuación final obterase da avaliación do seu Plan de Investigación e da puntuación asignada a cada área de coñecemento. Ademais, nesta convocatoria contémplase tamén a contratación de investigadores/as predoutorais con financiamento das estruturas de investigación propias da USC (Modalidade B), na que se avaliará a idoneidade do currículo da persoa aspirante para desenvolver a súa tese no marco da investigación proposta polos grupos.

Os contratos das dúas modalidades terán unha duración de dous anos e poderán prorrogarse por un ano. Ademais, na modalidade B, poderán realizarse contratos dun ano de duración a condición de que a persoa beneficiaria se atope matriculada no seu último ano do programa de doutoramento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial