A USC celebra o maior evento europeo sobre divulgación de células nai, o UniStem Day

0

Compostela, 15 de marzo do 2017 – A Facultade de Medicina abrirá as súas portas o venres 17 a preto de 300 alumnos e profesores de Secundaria dos centros Rosalía de Castro, Compañía de María, Peleteiro e Xelmírez II de Santiago e do IES García Barros da Estrada que participarán nas xornadas UniStem Day 2017.

O UniStem Day é o evento de divulgación sobre células nai dirixido a alumnado de ensino secundario máis importante de Europa. O seu obxectivo é achegar os máis novos ao mundo da investigación e particularmente a este campo das ciencias da saúde.

UniStem Day celébrase de xeito simultáneo en 75 universidades e centros de investigación de sete países europeos, como son España, Alemaña, Dinamarca, Serbia, Hungría, Suecia e Italia, este último o pais promotor da iniciativa. En España, ademais da USC, participan outras once universidades coordinadas dende a de Barcelona. En conxunto, agárdase a participación de máis de 27.000 estudantes en todo o continente.

O grupo de Neurobioloxía Molecular e Celular da Enfermidade de Parkinson que dirixe o profesor José L. Labandeira é o encargado por quinto ano consecutivo de organizar esta actividade na USC. No seu desenvolvemento conta co apoio da Vicerreitoría de Investigación e Innovación e o patrocinio de Galmedic, Glass Chemicals, Celta Ingenieros, Fisher Scientific, Grupo Merck, Editorial Panamericana, Santiago Futsal, Cafés Candelas e Gadis.

O programa inclúe, ademais de conexión por videoconferencia con outras universidades participantes, proxeccións de vídeos e xogos ou catro charlas impartidas por docentes e investigadores da USC que darán a coñecer, dende o rigor pero de forma amena, o mundo das células nai e desmontar algúns mitos construídos ao seu redor. O ABC das células nai, experimentando con células nai; ou mitos lendas e verdades sobre células nai son algúns dos títulos das intervencións programadas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial