A USC organizou Voces Ledas, un proxecto de educación vocal e canto na infancia

0

Compostela, 2 de xuño do 2017 – Nenas e nenos do CEIP López Ferreiro fixeron en Ciencias da Educación unha demostración do que levan aprendido este curso no proxecto psicopedagóxico Voces Ledas de educación vocal e canto dirixido á infancia.

Exercicios de relaxación e respiración, quecemento vocal e interpretación de parte do repertorio, todo para ilustrar unha aula in situ.

A iniciativa forma parte da tese da investigadora e docente predoutoral do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC Lucía Casal de la Fuente, que en setembro do ano pasado formou un coro piloto no colexio compostelán co apoio da profesora Diana Capelo. “Un coro non pode ter garantida a súa calidade vogal se non existe unha atención individual a cada participante”, explica Casal. “Con Voces Ledas pretendemos así garantir oportunidades e espazos democráticos para a voz”.

Coa investigadora da USC, que gozou de bolsas do Ministerio de Economía e Competitividade e da Fundación Barrié para o estudo de programas nacionais de canto escolar en Arxentina e Inglaterra, colaboraron no proxecto o director do Orfeón Terra a Nosa e do Coro Universitario, Miro Moreira, como asesor, e a cantante Mariola González, encargada da educación dos oídos das crianzas e dos procesos máis técnicos do canto.

“Os alicerces que sustentan este proxecto parten do goce persoal, da atención individual ás nenas e nenos e dos procesos como garantía máxima de calidade”, afirma a investigadora, que pretende converter esta experiencia piloto nunha realidade que se sosteña no tempo. “Pero isto será cando contemos con subvencións, porque ata agora todo se fixo sen financiamento”, aclara.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial