Compostela, 15 de xullo do 2017 – O pregón do Apóstolo 2017 tivo un forte contido musical, lóxico sendo a Uxía a pregoeira dunhas festas que durarán ata fin de mes.
Uxía fixo un repaso da súa memoria musical vinculada a Compostela de xeito que escoitar o pregón e rememorar o que a cidade foi desde fai séculos desde o punto de vitas musical.
Uxía comezou ironizando sobre Codice Calixtino preguntándose se o electricista, o noso electricista, levará o libro para repasar as partituras que contén. A partir de aí saiu todo, os cantos das monxas, os locais, a tuna e Caántigas e Agarimos, os barrios desde San Pedro a Sar, os colectivos… un mapa musical que Uxía coñece ben porque o leva dentro e é co que creceu como artista.
Por suposto constantes referencia ao desparecido Narf que segue como un trasno polas noites de Compostela. E aplausos cada vez que o público se recoñecía nas verbas de Uxía que non foi poucas veces.
Aquí o tedes para abrir este Apóstolo 2017 na voz de Uxía.