V12, un paseo virtual polas parroquias de Vedra

0

Vedra, 19 de novembro do 2020 – Vedra inaugurou este venres V12, unha proposta de camiñatas virtuais polas doce parroquias do concello. A Ponte Ulla, baixo o título De Camiños e Pontes, abre esta iniciativa que durará 12 meses.

V12 naceu como unha serie de roteiros que levarían aos participantes polas 12 parroquias do concello. As medidas para combater o Covid foron reducindo progresivamente o número de persoas que poderían acudir polo que o concello de Vedra buscou esta alternativa virtual única na bisbarra.

Camiñando polas parroquias

Charo Canicoba é a guía encargada das visitas e explica que do que se tratou desde o primeiro momento era de camiñar xuntos polas 12 parroquias do concello. Ante as dificultades mencionadas decidiuse buscar unha fórmula que permitira aos veciños pasear de xeito virtual.

Cada mes subirase un vídeo ata completar as doce parroquias en 12 meses. Charo recoñece que para ela supuxo converterse de guía en visitante, pasou de explicar a contar. Este formato permitirá pasear por unha parroquia cada mes pero o visitante decidirá cando, como e volver as veces que queira.

De Camiños e Pontes

Este pasado venres día 20 comezaron estas andainas na parroquia de Ponte Ulla, De camiños e Pontes. Farase un percorrido desde a época romana ata os nosos días e falarase dos Camiños de Santiago que por aquí pasan.

 

Decembro será o momento de coñecer a parroquia que da nome ao concello, Vedra, e falar de emigración e tradicións. Xaneiro será tempo de camelias e música en Santa Cruz de Rivadulla. San Xían de Sales en febreiro, Merín en Marzo e San Miguel de Sarandón en abril pecharán o primeiro semestre de V12.

Punto de encontro virtual

O concello non descarta volver as camiñatas reais si a cousa mellora pero mentres tanto cada mes hai unha cita virtual coas parroquias de Vedra. V12 ten un punto de encontro na web do concello e na páxina de Facebook de turismo de Vedra

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial