Val do Dubra contará cunha estación depuradora para o parque industrial

0

Val do Dubra, 8 de xuño do 2021 – A Xunta investirá 120.000 € no polígono industrial de Val do Dubra para a construción dunha planta de depuración de augas residuais

A antiga fábrica da Telleira recibiu a visita do Delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, e do alcalde de val do Dubra, José Manuel Varela. O lugar foi adquirido polo concello para a construción do novo polígono industrial do municipio.

O investimento previsto na planta de tratamento é de 150.000 euros dos que 120.000 son aportados pola Xunta de Galicia. O representante do Goberno autonómico destacou que “este tipo de actuacións enmárcanse na aposta da Xunta por impulsar a actividade industrial e mellorar a competitividade dos parques empresariais grazas á mellora das súas infraestruturas e ao impulso da creación de novas empresas que permiten xerar emprego”

Con esta liña, da que se poden conceder anticipos de ata o 25%, preténdese favorecer unha actualización permanente dos parques industriais da Comunidade para dar resposta ás necesidade de infraestruturas, comunicacións ou de adecuación ás novas exixencias.

En ambas as dúas convocatorias valorarase, entre outras cuestións, que os solicitantes sexan Concellos Emprendedores, pero tamén se tivo en conta a superficie do parque empresarial, o nivel de ocupación ou a poboación do municipio.

Desde a súa posta en marcha, a través das liñas para a mellora dos parques empresariais galegos e para a creación de novos viveiros industriais, lévanse apoiados 593 proxectos de mellora nos parques empresariais e impulsados 13 viveiros industriais.

Estas axudas completáronse coa execución dos catro millóns de euros outorgados en 2020 a un total de oito proxectos nunha terceira orde de apoios dirixida a reforzar a extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais. Estas iniciativas contribúen a garantir a seguridade e a calidade do servizo, atendendo así as demandas das empresas afincadas nos polígonos industriais de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial