Valentín González gaña as primarias socialistas na bisbarra

0

Bisbarra, 2 de novembro do 2021 – Os resultados das primarias socialistas a nivel galego reproducíronse na bisbarra de Compostela na que tamén gañou Valentín González.

Na maioría dos concellos a vitoria de Valentín González foi ampla. Só en 3 dos concellos da área metropolitana de Compostela gañou Gonzalo Caballero. Algunhas fontes consultadas destacan o silencio entre a militancia a hora de posicionarse nun sentido ou noutro.

Algunhas agrupacións agruparon o voto nunha única vila. Foi o caso de Melide, Sobrado e Boimorto que votaron en Arzúa ou O Pino, Touro e Frades que votaron en Oroso. Os afiliados de Santa Comba votaron en Negreira e os de Val do Dubra en Ames.

En tódolos concellos faise un chamado a unidade de cara ao congreso XIV de Nadal. Celebrarase os días 7 e 8 de decembro no Palacio de Congresos de Santiago. Valentín González, en declaracións a Radio Coruña, dicía que tras os resultados das eleccións autonómicas tiña que facerse unha política “mirando menos dentro e mirando máis fora, sumando máis dentro para sumar máis fora”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial