Veciños de Boqueixón en contra do pago dunha sentencia

0

O concello de Boqueixón informou favorablemente un pago a Espina y Delfin de máis de 380.000 €
Fonte: Vecin@s de Boqueixón

Boqueixón, 29 de outubro do 2016 –  A Comisión de Contas do 27 de outubro informou favorablemente cos votos a favor do PP e en contra de Veciñ@s, unha modificación orzamentaria na que se aproba o
pago a Espina y Delfín por 366.775,38 €.

O Grupo Municipal de Veciñ@s considera un escándalo o pago froito dunha decisión xudicial pola recuperación do servizo de Abastecemento. Boqueixón, a 28 de outubro de 2016.‐ O grupo municipal do PP vén de informar favorablemente un pago de 366.775,38 € a Espina y Delfín, en concepto de obras feitas pola empresa durante o período da concesión do Servizo de Auga.

A pesares de que o pago é froito dunha sentenza xudicial pola recuperación do servizo da auga, agora en mans do Concello, o Grupo Municipal de Veciños considera un escándalo esta actuación, posto que o Concello non recurriu a Sentenza a pesares de que supoña un burato de aproximadamente 500.000 € para as arcas do Concello. Unha sentenza que entendemos que ten moitas lagoas á raiz dos informes xurídicos cos que conta o Concello de Boqueixón. Unha concatenación de Erros Políticos. O Servizo de Abastecemento de Auga foi adxudicado a Espina y Delfín no ano 2004 e durante un período de 10 anos. E xa na sinatura do primeiro contrato, se produciu o primeiro erro, tal e como se advirten en posteriores informes xurídicos: O custo enerxético do Servizo debería ter que ser asumido pola empresa segundo os pregos, e asumiuna os 12 anos o propio Concello, deixando un burato moi importante para o conxunto dos veciños, por máis de 500.000 €.

Despois deste primeiro erro, a concatenación de decisións políticas erróneas foi contínua ata o ano 2012: No ano 2006, o concello amplia o contrato ata o 2043 a cambio de que a empresa realizara unhas obras valoradas en 180.000 €. E todo isto, pese a que nos pregos de claúsulas se estipulaba que as obras eran por conta exclusiva do Concello. No ano 2007, a Xunta de Goberno Local aproba un proxecto de execución de obras a Espina y Delfín por importe de 191.402,09 € a cambio do cobro pola empresa dos ingresos da auga ao Aeroporto de Lavacolla. No ano 2012, tamén a Xunta de Goberno Local aproba a execución dunha obra a realizar pola concesionaria, por importe de 87.090,96 € a cambio do cobro da venda da auga ao Concello de Santiago de Compostela. Foi precisamente neste 2012, cando o Servizo de Asistencia Económica a Municipios da Deputación emite dous informes nas que se conclúe claramente: Os gastos enerxéticos corresponden á concesionaria. A ampliación do contrato por 30 anos realizada no ano 2006 non se fixo conforme á Lei.

As obras de ampliación e mellora do abastecemento corresponden exclusivamente ao Concello.  A realización de obras por parte da empresa pode considerarse “adxudicación directa implícita” podendo incurrirse nun suposto de nulidade de pleno dereito. É dicir, o Concello de Boqueixón aportou ao servizo de abastecemento os custos enerxéticos deste por importe de máis de 500.000 €, cando estes correspondían á empresa concesionaria. Ademais adxudicáronse obras directamente á concesionaria sen nengún tipo de Concurso Público algo totalmente ilegal tendo en conta a Lei de Contratos do Sector Público. O Alcalde de Boqueixón decide non recurrir a sentenza. Pese a que aos indicios máis que evidentes de graves irregularidades na Concesión deste servizo e pese a que supón un quebranto para as arcas públicas de máis de 500.000 €, o alcalde de Boqueixón decidiu non recurrir a sentenza, pese a que como demostrou o Grupo de Veciñ@s existe argumentación xurídica máis que suficiente para o recurso, e incluso para interpoñer unha demanda á empresa que foi concesionaria do Servizo, por terse beneficiado irregularmente durante 12 anos dos custos enerxéticos, pese a que o prego de claúsulas da propia Concesión establecía que estes debían ser aboados pola empresa.
É un auténtico escándalo que se lle quiten aos veciños de Boqueixón máis de 500.000 € dos seus orzamentos para beneficiar a unha empresa Concesionaria. E máis escandaloso que o equipo de goberno o acepte sen tentar poñerlle freo ás aspiracións que consideramos ilícitas, da Sociedade. O grupo de Veciñ@s, aparte do seu voto contrario á modificación orzamentaria xa anunciou un estudo pormenorizado do tema, a petición de depuración de responsabilidades políticas do equipo de goberno, así como se chegado o caso, interpor unha querela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial