Veciños da Baña reúnense co delegado do Goberno preocupados polos eólicos

0

A Baña, 19 de agosto do 2021 – A Asociación Fonte seca de A Baña reuniuse co Delegado do Goberno, José Miñones, acompañados polo alcalde, José Antonio Pereiro, para mostrarlle a súa preocupación polos eólicos.

parques eólicosAdemais do proxecto de Troitomil os veciños da Baña están preocupados por un total de “9 antigas tramitacións” a maiores de tres anteproxectos que se tramitarán polo ministerio e dos que, de momento non hai noticias.

O parque eólico Troitomil, tram´tase con muíños de 220 metros, a escasos 500 metros das vivendas. A obra asentaríase ademais enriba de mananciais que abastecen a vivendas. Os veciños explican que a suma de tódolos proxectos ocuparía o 75% do concello da Baña arruinando un sector estratéxico como o agrogandeiro.

Os veciños aproveitaron a visita para pedirlle ao Delegado do Goberno que o Ministerio para a Transición Ecolóxica faga uso das súas competencias e actúe diante da Xunta de Galicia contra “a fragmentación fraudulenta dos parques eólicos”.

Tamén lle lembraron que as inversións vencelladas a fondos europeos que precisen para o seu desenvolvemento enerxía eólica en Galicia poden resultar fallidas si “tal como vimos informando e requirindo, o Plan eólico de Galicia resulta ilegal pola súa non adaptación á lexislación que entrou en vigor con posterioridade ao Plan e por non ter sido publicado no Diario Oficial de Galicia”.

A Asociación da Baña  transmitiulle ao Delegado que nos proxectos que se están tramitando non se están a indemnizar as afeccións aos bens, incumprindo deste xeito o prescrito na Ley de Expropiación Forzosa e no artigo 17 dos Dereitos fundamentáis dos cidadáns europeos.

Estas tres cuestións foron o principal debate na citada reunión, sendo o terceiro punto o que mais diu que falar xa que según o Delegado do goberno non tiña tan claro que fose así e foi algo que se comprometeu a comprobar dado que outras asociacións que tiveron a oportunidade de falar con el así llo transmitiron.

Na reunión tamén se notificou da neglixencia que se está a dar con tramitacións que non inclúen estudios hidrolóxicos e hidroxeolóxicos, a non inclusión no catálogo de humidaís de brañas e turbeiras, como se ameaza ao sector primario e sectores estratéxicos de diferentes concellos e o abuso que supóñen os contratos e o modus operandi das promotoras .

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial