Miles de veciños protestan polo peche da sucursal de Abanca en Mesón do Vento

0

Ordes, 19 xullo do 2021 –  A Agrupación Socialista de Ordes ven de impulsar unha recollida de sinaturas afectadas polo peche da oficina de Abanca en Mesón do Vento que conseguiu xa máis de 1.000.

Jesús raña, secretario xeral do Psoe de Ordes explica que “Xa temos máis de 1.000 sinaturas e demandamos de Abanca unha moratoria na súa decisión de pechar o día 21 a oficina, deixando sen un servizo básico aos veciños”.

 Os socialistas apoiaron desde o primeiro momento aos veciños, cos que se concentraron esta mesma semana para apoiar as súas demandas, e lamentan que o concello “reaccionase demasiado tarde neste tema”.

“Defendemos os intereses da veciñanza, non todo podo decidirse en función da rendibilidade e os beneficios, é un servizo importante que se perde. Hai persoas maiores que teñen problemas para solucionar as súas xestións na banca electrónica ou nun caixeiro e deberán desprazarse para atopar unha oficina de atención presencial”, lamenta o PSOE.

 Raña remata dicindo que “As oficinas físicas aínda son importantes para moitas xestións, pechalas é unha perda de servizos importante, por iso demandaremos a Abanca que reconsidere a medida”.

Aínda que Abanca é unha entidade privada, realízanse nas súas oficinas moitas xestións públicas, como o pago de taxas, impostos e matrículas académicas. A nivel autonómico, o PSdeG presentou ante a Mesa do Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para instar o Goberno de España a promover un marco xurídico e regulatorio axeitado que garanta o dereito de dos galegos a acceder aos servizos financeiros básicos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial