Vedra arranxou os colexios do concello para o comezo do curso

0

Vedra, 24 de setembro do 2021 – O concello de Vedra dedicou as últimas semanas antes do comezo do curso a arranxar os dous principais centros educativos do concello así como as escolas unitarias.

Uns traballos que se realizan cada verán para garantir o perfecto estado dos edificios antes da apertura das aulas. Este ano ademais o comezo do curso no CPI Plurilingüe de Vedra será un pouco mellor coa conexión a rede de sumidoiros municipal.

En xullo pasado o concello anunciaba o remate da primeira fase das obras da nova EDAR de Santa Baia. Unha actuación que permitiu acometer a vella demanda do CPI de retirar a fosa séptica, conectando o centro á rede municipal e eliminando os olores e molestias sufridos durante anos. De cara o comezo do curso o concello aproveitou tamén para acondicionar o entorno do colexio, e acometer pequenos traballos de mantemento no interior e exterior.

Por outra banda no Ceip Ortigueira o concello de Vedra acometeu reparacións no tellado do edificio, obras de illamento no hall de entrada,  acondicionamento de novos espazos de oficinas, e inertizado do antigo depósito de gasoil.

Vedra preparou ademais o comezo do curso no Centro Rural Agrupado Boqueixón – Vedra “Neira Vilas” onde tamén se realizaron reparacións varias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial