займ срочно

O Servizo de Axuda ao Fogar de Vedra terá unha suba salarial do 6,5%

0

Vedra, 20 de maio do 2022 – Comisións Obreiras e a empresa Atendo pactaron este xoves no Consello Galego de Relacións Laborais cumprir co convenio e subir nun 6,5% o slario das traballadoras do Servizo de Axuda ao Fogar de Vedra.

A reunión coa empresa Atendo produciuse despois da denuncia presentada por CCOO. A empresa concesionaria do SAF de Vedra no cumpría o convenio asinado que estipula que todos os conceptos económicos serán actualizados nunha contía igual ao IPC do ano anterior, ese 6,5 %, os cales serán aboados desde o primeiro mes do ano.

Tras a mediación, o aumento farase efectivo xa na nómina e maio, mentres que na de xullo se pagarán os atrasos correspondentes aos primeiros meses do 2022.

Rexistro horario

Ademais do acordado sobre a revisión salarial, tamén se tratou o regulamento do rexistro horario a través de aplicacións para o teléfono móbil particular. Neste sentido, acordouse que o uso desta ferramenta nun teléfono particular será voluntaria. As traballadoras que non a queiran usar deberano poñer en coñecemento da empresa e no prazo dun mes estableceranse sistemas alternativos para o control da xornada.

O concello de Vedra é o que máis paga de toda Galicia o desprazamento, 0,25 céntimos por quilómetro. Tamén é o que atopou solución a unha demanda recorrente das traballadoras, que se conte dalgún xeito o desprazamento ata os domicilios. En distintos puntos de entrada ao concello situáronse uns postes con códigos qr que son lidos pola traballadora desde o teléfono cando se incorpora á xornada laboral.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies